top of page

Cuñados

Xénero: Comedia

​

Duración: 95’

​

Formato: Longametraxe

​

Ano: 2021

​

Idioma: Galego

​

Distribución: Filmax

​

Dirección: Toño López

​

Produción executiva: Alfonso Blanco

​

Guión: Araceli Gonda

​

Música: Santi Jul, Iván Laxe

​

Reparto: Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños, Mela Casal. 

​

Dirección de produción: Ana Míguez

​

Dirección de fotografía: Jaime Pérez

​

Dirección de arte: Andrea Pozo

​

Vestiario: Saturna

​

Maquillaxe e perruquería: Chicha Blanco

 

Son: Alfonso Couceiro

​

Montaxe: Lu Rodríguez

​

Participada por TVE, TVG e MOVISTAR+. 

​

Con subvención de Agadic e colaboración da Deputación de Ourense e D.O. Ribeiro. 

Sinopse

​

Cuñados é unha comedia sobre as peripecias delitivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado para salvar o que máis queren: a familia.

​

Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos. Moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar un peso polo seu cuñado. Mais é o propio Modesto quen urde un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a adega familiar. Eduardo, Sabonis e Modesto téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.

Tráiler
bottom of page