La Revoltosa

Xénero: Comedia

Duración: 55’

Capítulos: 13+13

 

Temporadas: 2
 

Ano: 2010-2011

 

Idioma: Español

 

Coprodución: Galicia – Canarias

Produtoras: Doblediez en colaboración con Portocabo

 

Canles: Televisión Canaria

 

Distribución: Lagardère Studios Distribution

 

Dirección: Ramón Rodríguez, Toño López

 

Produción executiva: Alfonso Blanco, Santiago Falcón

 

Creadores: Santi Falcón, Ramón Rodríguez

 

Guión: Ramón Rodríguez

 

Música: Fernando Ortí Salvador

 

Reparto: Manolo Vieira, Eloísa González, Nieves Bravo, Yanely Hernández, Chema Pantín, Javier Peñapinto, Lily Quintana

 

Dirección de produción: Nayra Alonso

Dirección de fotografía: Carlos Vilas

 

Dirección de arte: Curru Garabal

Vestiario: Beatriz García, Isabel García, Belinda Godoy

 

Maquillaxe e perruquería: May Martín, Gara Bolaños, Lourdes García

 

Son: Ulises Morales

 

Montaxe: Toño López

Sinopse

 

Unha casa, dúas familias e un lío de herdanza. La Revoltosa é unha comedia de enredo na que Manolo Báez, empresario viúvo, coñecerá a Luis, o mozo da súa filla Ana, recén regresada de Alemaña. Luis vive na casa da súa avoa, Edelmira, tamén viúva recente. O mesmo día do regreso de Ana, Isabel, a nai de Luis, recibe a visita dunha muller, Rosa, que di ser a súa irmá por parte de pai. Vén co desexo de cumprir as derradeiras vontades do pai das dúas: depositar as cinzas ao pé do aguacate do patio de La Revoltosa. Mais a verdadeira intención de Rosa é buscar o testamento de Raymundo e reclamar o que lle corresponda. En La Revoltosa a cada paso a historia enreda máis e máis.