top of page
Search
Writer's picturePortocabo

Empeza en Galicia a rodaxe de “Los argonautas”, a primeira serie infantil de imaxe real de RTVE

Neste proxecto de Portocabo e a corporación pública, nenos e nenas de realidades diferentes únense para vivir unha gran aventura


RTVE e Portocabo empezaron en Galicia a rodaxe de ‘Los argonautas’, a súa primeira serie infantil de imaxe real para o canle Clan. Unha serie integradora dirixida a nenos de 8 a 12 anos que fai unha forte aposta pola diversidade e que se rodará ata o mes de setembro entre Laxe e A Coruña.


Inspirada en grandes clásicos, como ‘El club de los cinco’ ou ‘Los Goonies’, adaptados ao século XXI, ‘Los argonautas’ reúne a un grupo de cinco amigos que vivirá un verán diferente. Xuntos veranse envoltos nunha gran aventura enfrontando perigos e descubrindo o valor da amizade. Nenos e nenas de realidades diferentes unidos para formar un grupo diverso, ben polo seu estrato social, pola súa cultura, pola superación de barreiras ou polo seu xénero. A cooperación será sempre a clave do éxito.


A serie aposta pola diversidade, abrindo xanelas a comunidades de inmigrantes, pequenas e non tan pequenas, como a caboverdiana, que enriquecen a nosa sociedade. Outra faceta que recolle é a superación de barreiras. Coñeceremos a Olivia, unha nena xorda que non ten problemas en comunicarse cos demais, e á súa familia, distinta e perfectamente integrada.


Presentación do inicio de rodaxe


Ao encontro de inicio de rodaxe acudiron Yago Fandiño, director de Contidos Infantís de RTVE e Clan; Alfonso Blanco, CEO de Portocabo e produtor executivo da serie; Jacobo Sutil, director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais); José Luis Pérez Añón, alcalde de Laxe, e Fernando Ojea, director de contidos da CRTVG. Estiveron acompañados polos directores da serie, Toño López e Lucía Estévez, e parte do elenco, do que forman parte intérpretes como Eva Fernández, Federico Pérez e os mozos Aliyah Fidalgo, Sarela Montes, Brais Sixto, Claudia Pujaldes, Juan Rodríguez, Lúa Varela ou Xoel Río.


Yago Fandiño destacou que “RTVE marcou os recordos de varias xeracións a través de series e películas familiares que se converteron en parte da nosa memoria. Queremos que ‘Los argonautas’ sexa unha xanela á forma de ver e entender o mundo destas nenas e nenos”.


Rolda de prensa do inicio de rodaxe de "Los Argonautas"


Alfonso Blanco quixo poñer en valor a zona na que levará a cabo a rodaxe durante estes meses. “Escollemos como escenario principal da serie unha paraxe natural de enorme riqueza como é Laxe, en plena Costa da Morte galega”, apuntou, “unha vila culturalmente activa e na que conviven tradición e modernidade con praias de area branca e costas escarpadas, ríos e bosques de litoral”. Non quixo deixar pasar tampouco a oportunidade de lembrar que “este é un formato con escasa presenza no mercado español, pero que ten un enorme potencial e xa levantou interese en grandes distribuidores a nivel mundial”.


Esta non é a primeira ocasión na que Portocabo traballa o formato, xa que vén de producir series como “The Avatars” e “Miracle Tunes”, dúas series kids live action de gran repercusión internacional. A ficción contou co apoio da Televisión de Galicia e do HUB Audiovisual da Xunta de Galicia xestionado por AGADIC. Esta última, unha medida específica que ofrece unha inxección económica para as produtoras independentes galegas algo que, ademais de atraer rodaxes á comunidade autónoma, aumenta a competitividade e fortalece o tecido audiovisual galego. Trátase dunha operación financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia do COVID-19.


Enlaces á novas:


12 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page