top of page
Search
Writer's picturePortocabo

Nace Portocabo Atlántico, unha nova produtora portuguesa

Alfonso Blanco anunciou a creación da nova empresa con sede en Lisboa


Portocabo estivo presente en ONSeries Lisboa, un evento creado para apoiar a produción audiovisual independente de Portugal e de fala portuguesa e co fin de promover o talento e a coprodución internacional. Alfonso Blanco (CEO de Portocabo) aproveitou a ocasión para anunciar o nacemento dunha nova empresa portuguesa con sede en Lisboa: Portocabo Atlántico.


Alfonso Blanco, CEO de Portocabo, no evento de ONSeries Lisboa


En palabras de Alfonso Blanco, membro tamén da Academy of Television Arts & Sciences, “tras máis de 5 anos traballando con Portugal, un lugar no que sentimos como na casa, e nun momento no que o mercado audiovisual portugués está en plena expansión, queremos aproveitar a nosa experiencia para reforzar as alianzas xa forxadas a través da nova produtora: Portocabo Atlántico. Unha empresa que terá a súa sede en Lisboa. Nace como produtora de contidos de calidade destinados para televisión e plataformas internacionais”.


Portocabo cultivou grandes éxitos no país luso con series como Vidago Palace (coprodución internacional con Hop Filmes! para RTP e TVG, dispoñible en HBO) ou as dúas tempadas da recente gañadora dos premios Celtic Media Festival Auga Seca (coprodución internacional con SPi para RTP e TVG, dispoñible tamén en HBO). Portocabo é responsable, entre outras producións, da serie multipremiada Hierro, unha coprodución entre Movistar+, ARTE France, Portocabo e Atlantique Productions.


Enlaces á noticia:


12 views0 comments

Recent Posts

See All

Comentários


bottom of page