top of page
Search
  • Writer's picturePortocabo

Preséntase en Ourense a rodaxe da película '+Cuñados'


A secuela de Cuñados estarase gravando durante estas semanas en diferentes puntos da provincia

Fotografía dos tres actores protagonistas na rolda de prensa



Ourense 5 abril de 2023. A rodaxe de +Cuñados, a secuela da película Cuñados, xa botou a andar na provincia de Ourense. Este será o escenario principal desta nova entrega, que incluirá entre as súas localización o centro histórico da cidade das Burgas ou a comarca do Ribeiro.


Esta segunda entrega contará as peripecias que lle suceden aos nosos protagonistas mentres festexan unha das festividades máis agardadas do ano: o Entroido ourensán. +Cuñados repite de novo o mesmo elenco principal da primeira entrega: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños e Mela Casal.



Presentación de inicio de rodaxe.


Así se anunciou esta maña na presentación da rodaxe que tivo lugar na cidade de Ourense. Ao encontro acudiron Alfonso Blanco, produtor executivo de Portocabo, José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, Gabriel Alén, Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Jacobo Sutil, Director de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), Xaime Arias, director de Proxección Social de CRTVG e Juan Manuel Casares Gándara, Presidente do C.R.D.O. Ribeiro.


Estiveron acompañados por Luis Avilés, director de película, Ana Míguez e Javier López, directores de producción de +Cuñados, así como por parte do elenco principal: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey.


O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, abriu o acto explicando que “dende a Xunta de Galicia e AGADIC apoiamos esta película que ademais conta cun escenario único como Ourense e que dará a coñecer o mellor desta cidade”.


No su turno de intervención, o presidente da Diputación, José Manuel Baltar, declarou que "a aposta polo audiovisual é unha aposta segura. Nós dende a diputación seguimos apostando polo cine e temos que agradecer a Portocabo porque esta película é unha fiestra perfecta para dar a coñecer ao mundo un lugar como Ourense. Ogallá dentro dun ano podamos falar dunha trioloxía"


O director de la película, Luis Avilés, quixo enfatizar o afortunado que se siente por estar encarando este proxecto. “É un gran reto polo éxito que tivo a primeira entrega e porque facer comedia non é fácil. Pero temos un equipo técnico e artístico de primeirisimo nivel que está facendo un traballo inmellorable”.


O produtor executivo de +Cuñados, Alfonso Blanco, cerrou o acto explicando que "dende Portocabo quixemos poñer en marcha esta segunda entrega porque tanto os socios coma o público aclamaban a súa volta”. Ademáis de agradecer a todas as partes que participan en facer posible esta película, quixo facer especial fincapé na colaboración da ciudadanía de Ourense “estamos gravando no centro, simulando o carnaval, facendo barullo e a cidadanía sempre se mostra colaborativa”, explicou.


Sobre +Cuñados


A película é unha produción de Portocabo que conta coa participación de RTVE, TVG e Movistar Plus+, o patrocinio da Deputación de Ourense, a subvención da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a colaboración de C.R.D.O Ribeiro e Estrella Galicia.


Liderando o equipo técnico da película atópanse grandes profesionais do audiovisual galego como Alfonso Blanco (produción executiva), Luis Avilés (dirección), Araceli Gonda (guión), Santi Jul e Iván Laxe (música orixinal), Sergio Franco (dirección de fotografía), Ana Míguez e Javier López (dirección de produción), Diego Méndez (coordinador de dirección), Juan Gay (son), Lu Rodríguez (montaxe), Andrea Pozo (dirección artística), Saturna (vestiario) e Fanny Bello (maquillaxe).


Sinopse de +Cuñados

Esta nova aventura dos cuñados arranca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do ocurrido uns días antes… Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos da detención de Alicia Zamora e o seu socio portugues. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a forma perfecta de branquear o diñeiro do botín que lles caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugues detido) buscando vinganza, complicarálles as cousas aos cuñados, meténdoos nun novo enredo que convertirá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.





+ Cuñados Ficha técnica

-------------

Xénero: comedia

Duración: 90 minutos

Idioma: galego

Produtora: Portocabo


Produción executiva: Alfonso Blanco

Dirección: Luis Avilés

Guión: Araceli Gonda

Música orixinal: Santi Jul e Iván Laxe

Director de fotografía: Sergio Franco

Dirección de produción: Ana Míguez e Javier López

Coordinador de dirección: Diego Méndez

Son: Juan Gay

Edición: Lu Rodríguez

Dirección artística: Andrea Pozo

Vestiario: Saturna

Maquillaxe: Fanny Bello



Sobre Portocabo


En pouco máis de 10 anos, Portocabo posicionouse como produtora de referencia nos principais mercados nacionais e europeos, establecendo unha rede de alianzas para producir ficción e abrindo España á coprodución internacional. Á fronte da compañía, Alfonso Blanco é hoxe un dos produtores executivos e showrunners máis importantes do país.


Os seus proxectos inclúen series de xénero crime drama como: as dúas tempadas de Rapa (producido para Movistar Plus+), dúas tempadas de Hierro (coprodución ES/FR con Movistar Plus+, ARTE France e Atlantique Productions), Honor (Atresmedia), Los Enviados (Paramount+) o as dúas tempadas de Auga Seca (coprodución con CRTVG, RTP e SP-i). A película Cuñados ou a serie kids live-action Los Argonautas y la moneda de Oro (coprodución con CLAN/ RTVE).

18 views0 comments
bottom of page