top of page
Search
  • Writer's picturePortocabo

Primeiras imaxes da rodaxe de 'Los Enviados'

As gravacións da exitosa serie de Paramount+ xa comezaron. Trátase dunha produción de VIS -o estudo internacional de Paramount-, en asociación con 100 Bares e a galega Portocabo, e estarán rodando en Galicia ata finais de ano. Deixámosvos as primeiras fotografías de cómo está a transcurrir a rodaxe.



Sobre 'Los Enviados'


Este apaixonante thriller contará, de novo, con Juan José Campanella como showrunner, que tamén será o encargado de dirixir xunto a Martino Zaidelis, Camilo Antolini e Inma Torrente. Escrita por Eduardo Sacheri, Emanuel Diez, Juan Pablo Domenech e Juan José Campanella, a segunda temporada conta coa produc


Nesta ocasión os cregos Simón Antequera e Pedro Salinas deben determinar a veracidade dun milagre nun convento onde viven tres monxas cegas. Pero, ao pouco de chegar, prodúcese unha estraña morte na vila. Así, atópanse envoltos nunha dobre investigación: unha de carácter místico e outra moito máis terrenal e concreta.


A nova temporada, que se rodará en diferentes localizacións españolas de Galicia, está protagonizada por Luis Gerardo Méndez e Miguel Ángel Silvestre xunto a Assira Abbate e un elenco que completan Marta Etura, Susi Sánchez, Francis Lorenzo, Pepón Nieto, Pepo Suevos, Charo Zapardiel, Cristina Marcos, Ricardo de Barreiro, Isabel Naveira, Miquel Insúa, Martí Cordero, Guillermo Carbajo, Carlos Olalla e Luis Iglesia.




4 views0 comments

Comentarios


bottom of page