top of page
Search
Writer's picturePortocabo

RTVE e Portocabo coproducen ‘Los Argonautas’, primeiro live action infantil para Clan

Durante os meses estivais A Coruña e Laxe acollerán a rodaxe desta serie infantil de imaxe real onde un grupo de amigos viven un verán diferente


RTVE e Portocabo acaban de asinar un acordo para coproducir 'Los Argonautas', a súa primeira serie infantil de imaxe real para o canle Clan, co obxectivo de descentralizar a produción e abrir novas vías de coprodución. A serie contará co apoio de de a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e rodarase este verán na cidade da Coruña e Laxe.


presentación do proxecto "Los Argonautas" en el museo de Bellas Artes


A presentación do proxecto tivo lugar esta mañá no Museo de Belas Artes da capital herculina. ‘Los Argonautas’ é unha serie aspiracional (20 episodios de 22 minutos), na que unha cuadrilla de cinco amigos vivirá un verán incrible. Xuntos mergullaranse nunha gran aventura enfrontándose a perigos e descubrindo o valor da amizade. A serie está inspirada en grandes clásicos da literatura e o cinema como 'O Club dos Cinco' ou 'Os Goonies', adaptados para o século XXI. O proxecto será a primeira serie infantil da vida real de Clan TVE e Portocabo.


Yago Fandiño, director de Contidos Infantís de RTVE e director de Clan, destacou o interese da corporación por realizar este tipo de producións: "historias orixinais, rodadas en España, series que achegan un punto de vista fresco e representan valores propios dunha televisión pública". A serie, producida en Galicia, é unha aposta da cadea por abrir abanico a novas producións en diferentes rexións; unha declaración de intencións por parte da corporación. Ademais, quixo destacar que 'Los Argonautas' non só se verá en España, senón tamén en Clan Internacional, que abarca toda América.


Alfonso Blanco, produtor executivo da serie e director xeral da galega Portocabo, manifestou o interese da produtora por producir series infantís en imaxe real, un formato con pouca presenza no mercado español pero que ten un enorme potencial e xa espertou o interese de grandes distribuidores en todo o mundo. "Ter unha oportunidade como ‘Los Argonautas’, creada e producida desde Galicia é gran un logro para a produtora, na que buscamos facer proxectos dende aquí con capacidade para viaxar", afirma Blanco, que vén de producir series como ‘The Avatars’ e ‘Miracle Tunes’, dúas series kids live action de gran repercusión.

presentación do proxecto "Los Argonautas" en el museo de Bellas Artes


Esta ficción contou co apoio do HUB Audiovisual da Xunta de Galicia xestionado por AGADIC. Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, sinalou que se trata dunha medida concreta que supón unha inxección económica para as produtoras independentes galegas, algo que, ademais de atraer rodaxes á comunidade autónoma, aumenta a competitividade e fortalece o tecido audiovisual galego. Así mesmo, esta é unha operación financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia de Covid-19.



Enlaces ás novas:

13 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page