top of page
Buscar
  • Foto del escritorPortocabo

Portocabo preestrea a comedia +Cuñados en Ourense

Actualizado: 6 may

Os cinemas de Galicia proxectarán dende o 19 de abril +Cuñados, a secuela da exitosa comedia Cuñados. Con motivo do seu lanzamento, o Teatro Principal de Ourense acolleu unha preestrea na que actores, equipo e autoridades se deron cita para ver por primeira vez o filme.


Fotografías de Jaime Olmedo


A película, producida por Portocabo e distribuída por Baños Films, narra unha situación producida dous anos despois do relatado no primeiro filme, cando os cuñados ven envolvidos nun crime no pleno Entroido ourensán.


+Cuñados conta no seu elenco con algunhas das caras máis recoñecidas do panorama audiovisual galego, como Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez Rey, Eva Fernández, María Vázquez, Iolanda Muíños e Mela Casal. Outros actores coma David Perdomo, Ivo Bastos, Ana Saltão ou Nuno Sá súmanse nesta secuela dirixida por Luis Avilés Baquero e rodada en galego.


A longametraxe conta coa subvención de AGADIC a través da Xunta de Galicia, así coma co patrocinio da Diputación de Ourense e do C.R.D.O Ribeiro e coa a participación de Movistar Plus+, RTVE e TVG. Fóra de España, estará distribuida por Movistar Plus+ Internacional.

6 visualizaciones0 comentarios

Comentarios


bottom of page